Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2019 Páx. 9516

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO da convocatoria e das bases específicas para prover unha praza de técnico superior de edificacións e obras do cadro de persoal funcionario.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 33, do 8 de febreiro de 2019, publícase a convocatoria e as bases específicas do proceso selectivo para a provisión da praza que a continuación se relaciona, incluída na oferta de emprego do ano 2018 da Deputación Provincial de Lugo. As bases xerais que rexen neste proceso selectivo publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 241, do 20 de outubro de 2017.

Número de vacantes: unha. Denominación: técnico/a superior de edificacións e obras, escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos superiores. Sistema de provisión: concurso-oposición. Acceso libre. Grupo A, subgrupo A1.

Presentación de solicitudes: presentaranse no modelo oficial publicado no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 33, do 8 de febreiro de 2018 (páxinas 25 a 28) e na páxina web www.deputacionlugo.org, epígrafe Emprego público, RR.HH. (formato word).

Lugar de presentación: Rexistro Xeral desta entidade ou a través das formas establecidas no artigo 16 da vixente Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Prazo de presentación: vinte días naturais contados a partir do dia seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Documentación que deberá xuntar necesariamente coa solicitude:

– Méritos acreditados (base xeral 7.6.4 e base especifica 6.1).

– Documento acreditativo do pagamento da taxa (base xeral 7.6.3).

– Titulación académica exixida (base específica 4).

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que deriven da convocatoria se publicarán no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de edictos desta corporación e na súa páxina web.

Lugo, 8 de febreiro de 2019

O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto 0402/2017, do 24.2.2017)
Pablo Rivera Capón
Deputado provincial de Lugo