Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2019 Páx. 9476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 17 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Organización de Productores de Pesca del Puerto y Ría de Marín.

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 8, do 11 de xaneiro de 2019, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 1753, onde di: «Resolución do 17 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público... Organización de Productores de Pesca Fresca del Puerto y Ría de Marín», debe dicir: «Resolución do 17 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público... Organización de Productores de Pesca del Puerto y Ría de Marín».

No primeiro parágrafo, onde di: «... desta secretaría xeral acordouse depositar o acordo de modificación dos estatutos da Organización de Productores de Pesca Fresca del Puerto y Ría de Marín», debe dicir: «... desta secretaría xeral acordouse depositar o acordo de modificación dos estatutos da Organización de Productores de Pesca del Puerto y Ría de Marín».