O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) no terceiro cuadrimestre do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2019
Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas
no terceiro cuadrimestre do ano 2018
Convenio |
Importe achegado |
Data da sinatura |
Addenda nº 1 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Trazo para dar continuidade á senda peonil e ciclista no tramo Chaián-A Polveira. |
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial |
28.11.2018 |
Addenda nº 1 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Oleiros para a renovación de calzada da avenida Rosalía de Castro, AC-175. |
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial |
28.11.2018 |
Addenda nº 2 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Oleiros para a execución da rotonda de enlace da estrada AC-173 coa estrada DP-5812. |
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial |
30.11.2018 |
Addenda nº 1 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Bóveda para o acondicionamento do camiño local desde a estrada de Ribas Pequenas ata Bóveda. |
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial |
16.11.2018 |
Addenda nº 1 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Consorcio dos Peares para a pavimentación de accesos á estación de ferrocarril e ampliación do paseo na marxe dereita do río Miño nos Peares. |
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial |
13.11.2018 |
Addenda nº 1 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Pontedeva para realizar as obras necesarias básicas para a urbanización do núcleo rural de Trado. |
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial |
15.11.2018 |
Addenda nº 1 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello do Irixo para a construción dunha senda peonil na estrada OU-223 entre o p.q. 0+000 e o p.q. 0+840. |
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial |
5.11.2018 |
Addenda nº 1 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Leiro para o acondicionamento dun tramo da rúa Casanova e da rúa do Centro Cívico. |
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial |
16.11.2018 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Xinzo de Limia para o acondicionamento da OU-531 (avenida de Celanova), a mellora de vías municipais e racionalización da rede viaria de titularidade autonómica. |
2.018.086,15 € |
15.11.2018 |
Addenda nº 1 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Marín para o acondicionamento da PO-546 «Humanización da rúa Concepción Arenal entre a rotonda das Anclas e a rúa Real de Cantodarea. Marín». |
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial |
5.11.2018 |
Addenda nº 1 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Mos para o financiamento e execución da construción dun viario en Santa Eulalia, núcleo da Rúa. |
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial |
19.11.2018 |
Addenda nº 1 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Sanxenxo para a urbanización da rúa Progreso (PO-308). |
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial |
28.11.2018 |