Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Mércores, 13 de febreiro de 2019 Páx. 9100

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

EXTRACTO da Resolución do 14 de decembro de 2018 pola que se convoca, mediante tramitación anticipada de gasto, a décima edición dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural.

BDNS (Identif.): 439175.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3 b) e 20.8 a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Obxecto

Fomentar actuacións que animen á participación privada no proceso de desenvolvemento rural mediante a concesión de premios ás iniciativas de desenvolvemento rural.

Segundo. Beneficiarias

Persoas físicas ou xurídicas de natureza privada.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 14 de decembro de 2018 pola que se convoca, mediante tramitación anticipada de gasto, a décima edición dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural.

Cuarto. Contía

A contía global da convocatoria é de 80.000 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Sexto. Outros datos

Este procedemento tramítase en réxime de concorrencia competitiva.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2018

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural