Visto o anuncio de notificación no TEU do BOE do 28 de decembro de 2018, e en cumprimento do disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, requírese ao/s propietario/s, arrendatario/s ou usufrutuario/s da parcela coa referencia catastral 32076A037002680000UR, e inscrita no Catastro a nome do titular Julio Lage, para que no prazo de 15 días execute/n os traballos de limpeza da maleza existente no predio de referencia, coa advertencia da facultade do Concello da realización da execución subsidiaria ou ben forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas e de que están obrigados a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa.
San Cibrao das Viñas, 22 de xaneiro de 2019
Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde