Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Mércores, 13 de febreiro de 2019 Páx. 9220

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2019, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-01878-O-2018).

A persoa titular da Xefatura Territorial de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador número PO-01878-O-2018 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Pontevedra, 21 de xaneiro de 2019

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF Persoa sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-01878-O-2018

3241-CWJ

76816739M

O exceso igual ou superior ao 5% e inferior ao 15 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 11 %

9.2.2018; 18.30; AP-9; 137,5

Artigo 142.2 da LOTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

375 euros