Praza: (1) técnico/a de proxecto (ref.: TRAFAIR-19-TP1).
Proxecto que se vai desenvolver: TRAFAIR - Understanding traffic flows to improve air quality.
Modalidade contractual: contrato temporal a xornada completa, na modalidade de obra ou servizo determinado, previsto no artigo 15.1.a) do Estatuto dos traballadores.
As bases do proceso selectivo están expostas na sede da Fundación Cesga (Edificio Cesga, avenida de Vigo, s/n, Campus Sur, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web (https://www.cesga.es/ofertas_emprego/).
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na páxina web da Fundación Cesga.
Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2019
Manuel Mauro Fernández Dabouza
Director-xerente da Fundación Pública Galega Centro
Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia