Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2019 Páx. 9030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 18 de xaneiro de 2019 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/117/2018-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 31 de outubro de 2018, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes na edificación residencial no camiño de Piñeiros, parroquia de Camos, no termo municipal de Nigrán, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a José Pereira Pérez, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao interesado o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística