Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2019 Páx. 8818

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, polo que se fai pública a notificación do expediente de suspensión condicional PSC-PO-0366/2017-PPM.

Logo de intentada sen éxito a notificación persoal, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona no anexo a resolución relativa ao procedemento de solicitude de suspensión condicional que solicitou no seu día.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. O expediente relacionado a seguir está á disposición da persoa interesada na Consellería do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela; teléfono: 881 99 71 77).

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2019

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0366/2017-PPM

36086684Y

Resolución de recurso de reposición

Baredo, Outeiro 3, 36309 Baiona, Pontevedra