Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2019 Páx. 8808

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se dá a coñecer a solicitude de ampliación do recoñecemento da condición mineral natural para o pozo Cabreiroá 5, no termo municipal de Verín.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense dá a coñecer que, con data do 26 de decembro de 2018, a mercantil Aguas de Cabreiroá, S.A. solicitou a ampliación do recoñecemento da condición mineral natural para o pozo Cabreiroá 5, no termo municipal de Verín, provincia de Ourense, coas seguintes coordenadas ETRS89: X=631.718, Y=4.642.213.

O que se fai público segundo o disposto no artigo 4 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento das augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ourense, 10 de xaneiro de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense