Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2019 Páx. 8510

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 8 de xaneiro de 2019 polo que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de dominio público hidráulico DH.D15.59715.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas (en diante, LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a Carmen Fontela Neiro a Resolución do 20 de novembro de 2018, ditada no expediente sancionador en materia de dominio público hidráulico DH.D15.59715.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada, ante o presidente de Augas de Galicia, de conformidade co previsto nos artigos 121 e 122 da LPAC, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2019

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia