Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2019 Páx. 8513

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 8 de xaneiro de 2019 polo que se notifica o requirimento ditado no expediente en materia de dominio público hidráulico coa clave DH.W36.55604.

Con data do 12 de novembro de 2018 ditouse requirimento, no expediente en materia de dominio público hidráulico coa clave DH.W36.55604, a Onible López Rodríguez (termo municipal de Redondela).

Intentada a notificación do dito acto por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notifícaselle o requirimento ao interesado, e fáiselle saber que unha copia del está á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do dito requirimento, tempo durante o cal deberá levar a cabo as actuacións necesarias para cumprir co establecido na resolución ditada no expediente de referencia.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2019

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia