Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2019 Páx. 8523

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de exposición pública do estudo de detalle para a ordenación de volumes da parcela S do parque empresarial As Gándaras.

A Xunta de Goberno Local en sesión que tivo lugar o día 28 de novembro de 2018, aprobou inicialmente o estudo de detalle para a ordenación de volumes da parcela S do parque empresarial As Gándaras, redactado pola arquitecta Eva Pinto López e solicitado por Inmobiliaria y Bricolaje Bricoman, S.L.U., representada por Luis María Bermond Triana.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes durante o cal poderá ser examinado no Servizo de Urbanismo deste concello (rolda da Muralla, nº 197), e presentar as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 22 de xaneiro de 2019

A alcaldesa
P.D. (Decreto 16008543)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente de alcalde delegado da Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal