Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2019 Páx. 8525

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle da parcela 2 do quinteiro 18096 do parque empresarial da Sionlla, rúa de Murcia, número 5.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria celebrada o día 17 de xaneiro de 2019 adoptou o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente o estudo de detalle da parcela 2 do quinteiro 18096 do parque empresarial da Sionlla (segregada da parcela D4b01a da reparcelación), promovido por Compostelana de Transportes, S.C.G (Compostra) e asinado polo equipo técnico MRM Arquitectos, S.L.P. + avg, sen modificacións respecto do inicialmente aprobado.

A parcela está na rúa de Murcia, número 5 e figura no Catastro coa referencia 1809607NH4510H0000SF.

O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia, e a normativa e ordenanzas publicaranse no Boletín Oficial da provincia.

Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir o Estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do Plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.

Contra o acordo da aprobación definitiva do citado estudo de detalle, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto do 28 de xuño de 2017)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda,
Mobilidade e Relacións Veciñais