De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, despois de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese efectuar, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto foi adoptado o órgano arbitral que se designou para tal efecto.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a unidade do Instituto Galego de Consumo e da Competencia, con enderezo na praza Camilo José Cela, s/n (Edificio Administrativo), de Ferrol, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ferrol, 22 de xaneiro de 2019
Begoña Díaz Piñeiro
Xefa do Servizo de Consumo da Coruña
ANEXO
Expediente número: 15R003/301/2016.
NIF: 32698589-H.
Acto notificado: laudo arbitral do 24.8.2018.
Expediente número: 15R003/594/2018.
NIF: 32500839-E.
Acto notificado: laudo arbitral do 30.8.2018.