Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2019 Páx. 8497

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se dá a coñecer a solicitude de ampliación do recoñecemento da condición mineral natural da sondaxe S-1 á sondaxe S-4 situada no lugar denominado Felgoso, no termo municipal de Verín, provincia de Ourense (expediente Sousas II número 55).

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Ourense dá a coñecer que, con data do 8 de xaneiro de 2019, a mercantil Euroinversiones Aguas de Sousas, S.L.U. solicitou a ampliación do recoñecemento da condición mineral natural da sondaxe S-1 (expediente Sousas II número 55), xa declarado, á sondaxe S-4, situada no lugar denominado Felgoso, no termo municipal de Verín, provincia de Ourense, coas seguintes coordenadas ETRS89: X=632.365, Y=4.464.085.

O que se fai público segundo o disposto no artigo 4 do Decreto 402/1996, de 31 do outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento das augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ourense, 10 de xaneiro de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense