Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2019 Páx. 8517

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato da subministración dun sistema de cromatografía iónica para o laboratorio de Saúde Pública de Galicia (expediente AB-CON1-18-002).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-CON1-18-002.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración dun sistema de cromatografía iónica para o laboratorio de Saúde Pública de Galicia.

c) Lote (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 38432200-4.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 80.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 80.000 euros. Importe total: 96.800 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 22.11.2018.

b) Data de formalización do contrato: 23.11.2018.

c) Contratista: Gomensoro, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 69.514,00 euros. Importe total: 84.111,94 euros.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2019

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos