Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2019 Páx. 8066

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2019 pola que se fai público o cofinanciamento de servizos hidráulicos nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

missing image file

De conformidade coa normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos, procédese a dar publicidade ao cofinanciamento europeo, para os efectos do cumprimento da obriga de información e publicidade establecida na dita regulación, das seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora:

Entidade pública: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: contrato menor.

2. Obxecto dos contratos:

a) Título: análise do funcionamento das estacións de bombeo principais do sistema de saneamento de Noia. Noia (A Coruña).

Clave do expediente: GA.18050.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.

Orzamento base. Importe neto: 14.800,00 euros. Importe total: 17.908,00 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Importe da oferta: importe neto: 9.000,00 euros. Importe total: 10.890,00 euros.

Empresa contratista: Serye Ingenieros, S.L.

b) Título: realización dunha campaña de aforos de caudal en lámina libre na rede de saneamento de Noia. Noia (A Coruña).

Clave do expediente: GA.18051.

CPV (referencia de nomenclatura): 90492000-2.

Orzamento base. Importe neto: 14.900,00 euros. Importe total: 18.029,00 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da oferta. Importe neto: 8.900,00 euros. Importe total: 10.769,00 euros.

Empresa contratista: Applus Norcontrol, S.L.U.

c) Título: análise cuantitativa e inventario dos elementos significativos do sistema de abastecemento de Noia. Noia (A Coruña).

Clave do expediente: GA.18053.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.

Orzamento base. Importe neto: 14.800,00 euros. Importe total: 17.908,00 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Importe da oferta. Importe neto: 9.300,00 euros. Importe total: 11.253,00 euros.

Empresa contratista: Applus Norcontrol, S.L.U.

d) Título: diagnóstico sobre a situación particular da xestión do ciclo integral da auga nos concellos de Ames, Burela, Noia e Soutomaior.

Clave do expediente: GA.18054.

CPV (referencia de nomenclatura): 90713100-9.

Orzamento base. Importe neto: 14.950,00 euros. Importe total: 18.089,50 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da oferta. Importe neto: 11.586,25 euros. Importe total: 14.019,36 euros.

Empresa contratista: Zelig Strategy, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea:

As actuacións referidas no punto 2 cofinanciaranse pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

As actuacións enmárcanse dentro do Programa operativo no eixe 3, Crecemento sustentable a través dunha cooperación transfronteiriza pola prevención de riscos e a mellora da xestión dos recursos naturais; obxectivo temático 6, Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos; prioridade de investimento 6F, Fomento de tecnoloxías innovadoras para a mellora da protección ambiental e a eficiencia dos recursos no sector dos residuos e o sector da auga, e con respecto ao solo ou á redución da contaminación atmosférica; obxectivo específico OE6F, Incrementar os niveis de eficiencia na utilización dos recursos naturais para contribuír ao desenvolvemento da economía verde no espazo de cooperación.

O proxecto 0060_AQUAMUNDAM_6_E, Solucións para a xestión integrada sostible da auga no espazo POCTEP, ten como obxectivo a protección ambiental a través da mellora na xestión do ciclo integral da auga en espazos transfronteirizos fomentando un uso racional do recurso mediante o desenvolvemento de metodoloxías e ferramentas e a valorización de solucións e técnicas existentes.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2019

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia