Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2019 Páx. 8071

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Avión

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial da modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobada inicialmente a modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal deste Concello de Avión por Acordo do Pleno do 20 de decembro de 2018, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da última publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión da provincia de Ourense.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera persoa nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello: https://www.concelloavion.org.

Avión, 16 de xaneiro de 2019

Antonio Montero Fernández
Alcalde