Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2019 Páx. 8078

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria dunha praza vacante de sarxento da oferta de emprego público 2010 pola quenda de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 248, do venres 28 de decembro de 2018, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o proceso selectivo para a cobertura dunha praza vacante de sarxento da OEP de 2010.

O concelleiro de goberno responsable da Área de Persoal, Réxime Interior e Patrimonio convocou, mediante Resolución do 11 de decembro de 2018, en execución da Sentenza 202/2016, do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra, o proceso selectivo para a cobertura dunha praza vacante de sarxento da OEP de 2010 que a continuación se sinala:

– Grupo C, segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público. Subgrupo C1. Clasificación: escala da Administración especial; subescala servizos especiais; clase servizo extinción de incendios; número de vacantes: 1; denominación: sarxento.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da Corporación nos termos establecidos nas bases.

Pontevedra, 15 de xaneiro de 2019

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 21.4.2017)
Vicente Legísima García
Concelleiro de goberno responsable da Área de Persoal