Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2019 Páx. 7838

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2018 pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión, para o ano 2019, pola que se encarga á empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo técnico cualificado para a predición e difusión climatolóxica, o seguimento do estado químico e ecolóxico das augas, o control da calidade do aire e o cambio climático.

1. Encomenda de xestión.

– Actividade. A encomenda comprende o servizo técnico cualificado para a predición e difusión climatolóxica, o seguimento do estado químico e ecolóxico das augas, o control da calidade do aire e o cambio climático.

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxetiva, ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, e de conformidade co disposto nos artigos 45 e 47 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia. O período de execución comeza o 1 de xaneiro de 2019, sendo o prazo máximo o 31 de decembro de 2019 ou ata a total execución das unidades orzamentadas.

– Importe e modalidade de financiamento. O importe da encomenda ascende á cantidade de dous millóns seiscentos mil cento sesenta e sete euros con corenta e sete céntimos (2.600.167,47 €) con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, aplicación orzamentaria 07.02.541D.640.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2018

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda