Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2019 Páx. 7799

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (notificación de sentenza DSP 1061/2017).

Demandante: María de los Ángeles Bouzas Rodríguez

Avogado: Manuel Quintáns López

Demandados: Inmunoappsaude, S.L., Fogasa

Avogados; (…), letrado de Fogasa.

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1061/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María de los Ángeles Bouzas Rodríguez contra Inmunoappsaude, S.L., con intervención do Fogasa, sobre despedimento, se pronunciou sentenza en data 3 de xaneiro de 2019, cuxo encabezamiento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despido número 1061/2017

Demandante: María de los Ángeles Bouzas Rodríguez

Letrado: Sr. Quintáns López

Demandado: Inmunoappsaude, S.L.

Sentenza 12/2019

A Coruña, 3 de xaneiro de 2019

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María de los Ángeles Bouzas Rodríguez fronte á empresa Inmunoappsaude, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión.

2º. A indemnización que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 13.163,82 euros.

3º. Condeno a empresa demandada a que lle aboe ao traballador os salarios de tramitación desde a data do despedimento á data da extinción da relación laboral no día de hoxe, a razón de 122,74 €/día, o que dá a cantidade de 58.546,98 euros.

O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución, sen prexuízo dos límites da súa responsabilidade cando proceda».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Inmunoappsaude, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza