Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2019 Páx. 7301

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía. Emprego e Industria nos meses de setembro a decembro do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2019

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía, Emprego
e Industria nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2018

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a Universidade da Coruña e a Fundación da Universidade de Cantabria para o estudo e a investigación do sector financeiro-UCEIF para o fomento do emprendemento a través do Programa Yuzz/Explorer 2018.

20.9.2018

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación da Universidade de Cantabria para o estudo e a investigación do sector financeiro-UCEIF para o fomento do emprendemento a través do Programa Yuzz/Explorer 2018.

20.9.2018

20.000,00 €

Convenio específico de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a xestión universitaria (CIXUG) para a posta en marcha dun plan de fomento do emprendemento a través de iniciativas empresariais de base tecnolóxica no ámbito universitario de Galicia.

21.9.2018

75.000,00 €

Segunda addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Deputación da Coruña e o Concello de Pontedeume para a reforma e ampliación do mercado municipal.

21.9.2018

Non ten achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación Instituto Feiral de Vigo, para regular o réxime do uso do pavillón 4 no recinto feiral Instituto Feiral da Cidade de Vigo.

25.9.2018

Non ten achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia para apoiar a estrutura e o funcionamento desta entidade.

2.10.2018

120.000,00 €

Acordo de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense, para o financiamento conxunto de contratos de obras para ampliación de hall, mellora enerxética e traballos na pista de atletismo.

23.10.2018

920.783,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Federación de prazas de abastos de Galicia para o financiamento dunha ferramenta web de venda.

28.11.2018

150.000,00 €

Addenda ao Acordo de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense, para o financiamento conxunto de contratos de obras para ampliación de hall, mellora enerxética e traballos na pista de atletismo.

28.12.2018

Non ten achega económica