Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2019 Páx. 7285

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da aprobación inicial do expediente de expropiación forzosa para a obtención dunha parcela no lugar de Pedralonga número 72(T) para a ampliación da área infantil de Pedralonga.

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o 7 de setembro de 2018, adoptou, entre outros, o seguinte:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa para a obtención dunha parcela no lugar de Pedralonga nº 72(T) para a ampliación da área infantil de Pedralonga.

O importe deste proxecto de expropiación ascende á cantidade de 52.774,05 € e existe o crédito adecuado e suficiente no orzamento de 2018 con cargo á aplicación 30.151.600.05.

Segundo. Optar polo procedemento de taxación conxunta para a tramitación do expediente.

Terceiro. Requirir os interesados titulares de bens e dereitos afectados para que acheguen os títulos que os acrediten como propietarios deles».

De conformidade co disposto no artigo 118.2 e 3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o citado expediente exporase ao público polo prazo dun mes, para que aquelas personas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no concerniente á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Para estes efectos, indícase que o expediente se pode consultar durante o prazo dun mes nas dependencias da Área de Urbanismo (praza Indalecio Prieto, nº 1, antigo cuartel de Intendencia), de luns a venres.

A Coruña, 27 de novembro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto 2964/2017; BOP do 13 de xullo)
Xiao Varela Gómez
Tenente de alcalde de Rexeneración Urbana,
Dereito á Vivenda e Mobilidade Sostible