Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2019 Páx. 7023

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre de 2018.

Consonte ao establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro) procédese a publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade aos convenios subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no terceiro cuadrimestre do ano 2018, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2019

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no terceiro cuadrimestre de 2018

Descrición

Data sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda e o Concello de Santiago para a execución dunha parada de autobús na rúa Clemente Fernández Sarela.

25.9.2018

61.232,10 €

Convenio entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, o Concello de Ourense e Adif Alta Velocidade, para o financiamento e execución das obras do aparcadoiro para turismos da futura estación intermodal de Ourense, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

5.10.2018

3.900.907,50 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a Fundación dos Ferrocarriles de Galicia para garantir o funcionamento do Museo Galego do Ferrocarril e o desenvolvemento de actividades de exhibición dos fondos materiais propiedade deste, a divulgación destes entre a sociedade e o fomento do transporte ferroviario.

12.11.2018

30.000,00 €

Prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia e a empresa Renfe Viajeros, Sociedad Mercantil Estatal, S.A., polo que se instrumenta a integración desta empresa na Área de Transporte Metropolitano de Ferrol. Ano 2019.

28.11.2018

38.133,00 €