Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2019 Páx. 7212

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 41/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 41/2018, seguido por instancia de Verónica Suárez Hernández contra Inversiones Hosteleras La Bottega, S.L.U., sobre reclamación de salario e vacacións, se ditou o Decreto 2/2019, do 9 de xaneiro, polo que se declarou a executada en situación de insolvencia parcial e se acordou o arquivamento das actuacións, e contra o cal poderá interpor recurso directo de revisión no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que sirva de notificación en legal forma a Inversiones Hosteleras La Bottega, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza