Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2019 Páx. 7283

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña (procedemento abreviado 298/2018).

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña tramítase o recurso 298/2018 (procedemento abreviado) de Alba María Bermúdez Pazos contra a desestimación presunta do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 9 de maio 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (DOG núm. 95, do 21 de maio):

Categoría: enfermeiro/a.

Ámbito: Área da Coruña.

Epígrafe: experiencia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2019

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos