Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2019 Páx. 6501

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2019 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) establece que cada consellería ou entidade, deberá publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o terceiro cuadrimestre do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2019

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia durante
o terceiro cuadrimestre do ano 2018

Convenio

Obxecto

Importe total
do convenio

Data da sinatura

Primeira addenda ao convenio de colaboración subscrito entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Abegondo para a execución das actuacións de saneamento en Orto e Crendes. Concello de Abegondo (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras.

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

4.9.2018

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Melide para a execución da actuación de mellora do saneamento na parroquia de Santa María. Concello de Melide (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras.

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

7.9.2018

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Rois para a execución das actuacións de saneamento en depuración nas parroquias de Urdilde e Sorribas. Concello de Rois (A Coruña).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no Saneamento e depuración nas parroquias de Urdilde e Sorribas. Concello de Rois (A Coruña), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

500.000,00

13.9.2018

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Vedra para a execución da actuación da Nova rede de saneamento en puntos do rural do Concello de Vedra (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras.

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

18.9.2018

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Curtis para a mellora do abastecemento no núcleo de Teixeiro. Curtis (A Coruña).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na Mellora do abastecemento no núcleo de Teixeiro. Curtis (A Coruña), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

1.700.000,00

19.9.2018

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o Concello de Pontedeume e o Concello de Cabanas para a execución de actuacións de Melloras no saneamento en Cabanas e Pontedeume. Fases II e III, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e os Concellos de Pontedeume e de Cabanas para acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na Melloras no saneamento en Cabanas e Pontedeume. Fases II e III, a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

4.500.000,00

19.9.2018

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Begonte para a execución da actuación Mellora do bombeo de auga potable no Concello de Begonte (Lugo).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan acometer polo Concello e incorporar ao patrimonio público municipal as obras Mellora do bombeo de auga potable no Concello de Begonte (Lugo), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

48.399,96

19.9.2018

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Padrón para a execución das actuacións de Saneamento en Herbón, Aduana, Paraíso e Palomar. Concello de Padrón (A Coruña).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no Saneamento en Herbón, Aduana, Paraíso e Palomar. Concello de Padrón (A Coruña), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

250.000,00

26.9.2018

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello do Pino para a mellora do saneamento e depuración no Concello do Pino. Fase I. Concello do Pino (A Coruña).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na Mellora do saneamento e da depuración no Concello do Pino. Fase I. Concello do Pino (A Coruña), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

2.100.000,00

26.9.2018

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre para a difusión e divulgación de información en temas encamiñados á concienciación de escolares sobre o uso responsable da auga.

Articular a colaboración da entidade pública empresarial Augas de Galicia coa Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre para a difusión e divulgación de información en temas encamiñados á concienciación de escolares sobre o uso responsable da auga.

161.380,00

23.11.2018

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Riós para a mellora do saneamento en Florderrei. Concello de Riós (Ourense).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Riós que permitan acometer polo concello e incorporar ao patrimonio público municipal as obras Mellora do saneamento en Florderrei. Concello de Riós (Ourense), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

118.000,00

3.12.2018

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Ourense para a execución de actuacións de ampliación e mellora do saneamento no rural de Ourense (Ourense), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

Reducir o importe do convenio para adecualo aos importes de adxudicación das actuacións.

Supón unha redución do importe do convenio inicial en 440.801,86

12.12.2018

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Pontedeume para a execución das actuacións de melloras no saneamento en Cabanas e Pontedeume. Fase I. Concello de Pontedeume (A Coruña), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, realizar un reaxuste das anualidades para adecuar as estipulacións económicas ao ritmo previsto para a execución das obras.

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

19.12.2018

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Consorcio para a xestión do ciclo urbano da auga do Louro.

Proceder á liquidación e regularización do pagamento da aportación financeira comprometida por Augas de Galicia.

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

20.12.2018

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Fundación Enxeñería Civil de Galicia (FECG) para a realización dun proxecto de fortalecemento da Administración Rexional da Auga do Sur de Mozambique (ARA SUL) para a mellora da xestión da seca en Mozambique.

Establecer as condicións que rexerán a cooperación entre Augas de Galicia e a FECG para fortalecer a Administración Rexional da Auga do Sur de Mozambique para mellora da xestión da seca, continuando coas labores de apoio e apertura de novas liñas de cooperación internacional.

75.000,00

28.12.2018