Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2019 Páx. 6694

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 16 de xaneiro de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convocan para a súa provisión, polo sistema de libre designación, varios postos vacantes de coordinador/a de servizo de enfermaría do nivel de atención primaria.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 130, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, varios postos vacantes da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras que se relacionan no anexo desta resolución.

As bases íntegras da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

As solicitudes, xunto coa documentación acreditativa dos requisitos e méritos, deberán presentarse no Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, sito no Edificio Santa María Nai do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, 3º andar, dirixidas á xerente de Xestión Integrada, no prazo de quince (15) días hábiles contado desde o seguinte á data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 16 de xaneiro de 2019

Julio García Comesaña
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín
e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Denominación

Servizo de atención primaria

Nº de prazas

Coordinador/a de servizo

Ribadavia

1

Coordinador/a de servizo

Novoa Santos-Couto (Ourense)

1

Coordinador/a de servizo

Allariz

1

Coordinador/a de servizo

Mariñamansa (Ourense)

1