Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2019 Páx. 6735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 15 de xaneiro de 2019 pola que se notifica a suspensión de procedemento no expediente de reclamación patrimonial con referencia 30/16.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, notifícaselle a Alejandro Díaz Tojeiro, con DNI ...055 X, a suspensión de procedemento, de acordo coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, de expediente de reclamación patrimonial presentada por caída no porto de Ares, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no derradeiro enderezo coñecido.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedara supeditada á súa publicación no BOE.

De acordo coa Lei do procedemento administrativo e á vista de que estamos ante unha reclamación iniciada por instancia del interesado, requíreselle ao reclamante que queda suspendido o procedemento en canto non remate a rehabilitación do prexudicado-reclamante, e nolo notifiquen, xunto coa valoración dos danos. De non remitir os documentos solicitados considerarase desistido da súa petición, que se arquivará sen máis trámite.

O expediente completo está nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia onde poderá ser examinado das 9.00 ás 14.00 horas.

O órgano competente para a resolución do expediente é a Consellería do Mar.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2019

José Ignacio Villar García
Director xeral de Portos de Galicia