Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2019 Páx. 5946

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2019 pola que se notifican as resolucións ditadas no expediente IG204.2014.1.467 e un máis.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por esta resolución notifícaselles aos interesados o contido das resolucións, que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Advírteselles aos interesados que contra as resolucións, que esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderán interpoñer un recurso de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. O expediente ponse de manifesto aos interesados neste centro directivo, sito en Santiago de Compostela, no Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2019

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº expediente

NIF/Razón social

Programa de axudas

Data resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG204.2014.1.467

09718326K

Axudas ao apoio financeiro ás pemes - bonificación dos custos do financiamento de préstamos superiores a 25.000 € con fondos do ICO 2014 (Resolución do 26 de maio de 2014; DOG núm. 103, do 2 de xuño).

17.9.2018

Director xeral do Igape

Resolución de expediente de incumprimento total

IG204.2014.1.492

Radiadores Ordas, S.L.

Axudas ao apoio financeiro ás pemes - bonificación dos custos do financiamento de préstamos superiores a 25.000 € con fondos do ICO 2014 (Resolución do 26 de maio de 2014; DOG núm. 103, do 2 de xuño).

19.10.2018

Director xeral do Igape

Resolución de expediente de incumprimento total