Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2019 Páx. 5957

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondariz-Balneario

ANUNCIO da convocatoria e publicación das bases de funcionarización das prazas desempeñadas por persoal laboral fixo.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 18 de decembro de 2018 aprobáronse as bases e a convocatoria do concurso-oposición restrinxido para a funcionarización das prazas de encargado persoal de oficios varios, escala Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, categoría encargado e de oficial de oficios varios, escala Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, categoría oficial.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 4, do 7 de xaneiro de 2019, aparecen integramente publicadas as bases das convocatorias para a provisión das prazas sinalada.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos do Concello.

Mondariz Balneario, 10 de xaneiro de 2019

José Antonio Lorenzo Rodríguez
Alcalde