Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2019 Páx. 5754

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.

A Orde do 10 de febreiro de 2012, modificada pola Orde do 22 de decembro de 2016, pola que se regula a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos, establece os obxectivos e características desa proba e prevé no seu artigo 4 que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa realizará a convocatoria ou as convocatorias anuais desta, sinalando os centros onde terán lugar e as súas datas de inscrición e de realización.

En consecuencia, e ao abeiro da autorización que figura na disposición derradeira primeira da mencionada orde,

RESOLVO:

Convocar a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos no ano 2019, con código de procedemento administativo ED534A, na modalidade de Ciencias e nos dous itinerarios da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, conforme se dispón nas epígrafes seguintes:

1. Condicións das persoas aspirantes.

1º. Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2019.

b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.

c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2018/19.

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

2º. As persoas aspirantes poderán matricularse dos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.

Poderanse matricular tamén na proba, para realizar o exercicio correspondente ás materias de Lingua Galega e Literatura I e II e ás materias xerais do bloque de materias troncais, as persoas aspirantes que teñan superadas as materias xerais e as materias troncais de opción propias da modalidade de Artes.

2. Forma, lugar e prazo de presentación das solicitudes.

1º. O prazo de presentación das solicitudes será entre o 25 de febreiro e o 11 de marzo de 2019.

2º. As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel, nos centros educativos sinalados no apartado 3 desta epígrafe ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado (anexo I desta resolución) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

3º. Os centros onde se pode presentar a solicitude son os seguintes:

a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15003 A Coruña.

b) IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

c) Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.

d) Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.

e) Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.

f) Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.

3. Documentación complementaria para a tramitación das solicitudes.

1º. As persoas aspirantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da Xunta de Galicia.

b) Certificado de residencia, se a persoa solicitante procede doutra comunidade autónoma, no caso de solicitar a exención das materias de Lingua Galega e Literatura I e II.

c) Se procede, certificacións académicas ou copia compulsada do libro de escolaridade e/ou historial académico, onde se acredite ter superado materias para validar algún exercicio.

2º. A documentación complementaria presentarase presencialmente nos centros educativos sinalados no punto 3 da epígrafe 2 desta resolución ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3º. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. Comprobación de datos.

1º. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa aspirante.

b) Certificación do grao de discapacidade, recoñecida pola Xunta de Galicia, só no caso de que a persoa aspirante solicite a adaptación da proba.

2º. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos correspondentes.

3º. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

5. Información básica sobre protección de datos persoais.

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, reflectíndose esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais dos que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

6. Listas de persoas admitidas e reclamacións.

1º. Concluído o prazo de presentación de solicitudes, o tribunal celebrará unha sesión para determinar as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas, con expresión neste último caso das causas que motivaron a exclusión.

2º. No prazo de quince días posteriores á conclusión do prazo de presentación de solicitudes, o tribunal publicará esas listas (anexo II).

Xunto coa relación de persoas admitidas indicaranse os exercicios validados coa nota correspondente e as exencións da materia de Lingua Galega e Literatura I e II, de conformidade coa documentación presentada. A equivalencia entre as materias superadas no bacharelato e os exercicios da proba aparece no anexo III desta resolución.

3º. O tribunal resolverá as reclamacións que se presenten, concedendo un prazo de emenda e mellora das solicitudes de tres días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da relación.

4º. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa (https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados), que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

5º. Unha vez resoltas as reclamacións, o tribunal publicará no centro correspondente a lista definitiva das persoas aspirantes inscritas e remitirá o anexo IV desta resolución á xefatura territorial correspondente e ao correo electrónico educadultos@edu.xunta.es do Servizo de Xestión Económica e Educación de Persoas Adultas da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

6º. Xunto coas listas de persoas admitidas, informarase ás persoas aspirantes do material que se pode utilizar na realización da proba, como se especifica na epígrafe 11.4 desta resolución.

7. Notificacións.

As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificacións electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No casos de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos deberán optar, en todo caso, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento, unha opción diferente.

As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

8. Tribunais.

1º. A xefatura territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional na Coruña nomeará o tribunal encargado de avaliar a proba, con sede no instituto San Clemente, de Santiago de Compostela.

2º. Á vista das especialidades dos vogais do tribunal, a presidencia deste proporá á xefatura territorial, para o seu nomeamento, os asesores especialistas das distintas materias necesarios para colaborar na corrección dos exercicios.

3º. Os membros do tribunal e os asesores especialistas poderán percibir axudas de custo por asistencia e axudas para gastos de locomoción por concorreren ás sesións de avaliación, consonte o Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, e o Decreto 96/2011, do 5 de maio, polo que se modifica o Decreto 144/2001, do 7 de xuño.

4º. A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, á vista das persoas aspirantes inscritas, poderá establecer outros tribunais cando sexan necesarios para a celebración da proba.

9. Celebración da proba.

A proba celebrarase o día 26 de abril de 2019 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

10. Características da proba.

1º. A proba organizarase de xeito diferenciado segundo as modalidades de Ciencias e Humanidades e Ciencias Sociais.

2º. A proba constará de dous exercicios: o primeiro deles terá unha duración de cinco horas e trinta minutos e o segundo, de tres horas e trinta minutos. Entre os dous exercicios haberá un descanso de dúas horas.

3º. Os contidos dos exercicios terán como referente os aspectos básicos do currículo recollido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

4º. O primeiro exercicio, correspondente ás materias de Lingua Galega e Literatura I e II e ás materias xerais do bloque de materias troncais, terá a seguinte distribución:

a) Primeira parte: Lingua Galega e Literatura I e II. Incluirá cuestións que medirán as habilidades e destrezas de expresión e comprensión e as capacidades de reflexión sobre aspectos lingüísticos, de interpretación crítica de textos e de análise e recoñecemento das características textuais. Tamén conterá preguntas sobre movementos literarios, obras e autores relevantes da literatura galega, nas que se valorarán as capacidades de comparación, interpretación e valoración crítica da persoa aspirante.

b) Segunda parte: Lingua Castelá e Literatura I e II. Incluirá cuestións que medirán as habilidades e destrezas de expresión e comprensión e as capacidades de reflexión sobre aspectos lingüísticos, de interpretación crítica de textos e de análise e recoñecemento das características textuais. Tamén conterá preguntas sobre movementos literarios, obras e autores relevantes da literatura en lingua castelá, nas que se valorarán as capacidades de comparación, interpretación e valoración crítica da persoa aspirante.

c) Terceira parte: Primeira Lingua Estranxeira I e II. Este exame consta de dous exercicios:

1. A partir dun audio ou audios propostos, a persoa aspirante deberá demostrar as súas capacidades de comprensión oral na lingua obxecto de exame, que poderá ser inglés ou francés.

2. A partir dun texto ou textos propostos, a persoa aspirante deberá demostrar as súas capacidades de comprensión e expresión escritas na lingua obxecto de exame, que poderá ser inglés ou francés.

d) Cuarta parte. Resposta por escrito a unha serie de cuestións relativas aos contidos das materias de Filosofía e Historia de España.

5º. O segundo exercicio, diferente para cada modalidade, versará sobre as materias troncais xerais propias e as materias troncais de opción correspondentes a cada modalidade e itinerario. Avaliará o logro dos obxectivos propios do bacharelato e a adquisición das destrezas básicas das materias de modalidade, como a comprensión de conceptos, o manexo da linguaxe científica, a resolución de problemas e as capacidades de analizar, relacionar e sintetizar. En cada unha das partes deste segundo exercicio integraranse nun mesmo exame cuestións das materias incluídas nelas, distribuídas do seguinte modo:

a) Primeira parte. Proba correspondente ás materias troncais xerais propias da modalidade e itinerario elixidos. A persoa aspirante que opte pola modalidade de Ciencias realizará a proba correspondente ás materias Matemáticas I e II. Aquela persoa que opte pola modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no seu itinerario de Humanidades realizará a proba correspondente ás materias Latín I e II. Por último, a persoa que opte pola modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no seu itinerario de Ciencias Sociais realizará a proba correspondente ás materias Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I e II.

b) Segunda parte. Proba correspondente ás materias troncais de opción da modalidade elixida. A persoa aspirante que opte pola modalidade de Ciencias deberá escoller entre unha destas tres opcións: Física e Química e Física ou Física e Química e Química ou Debuxo Técnico I e II. A persoa aspirante que opte pola modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais deberá escoller entre unha destas tres opcións: Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía ou Economía e Economía da Empresa ou Grego I e II.

c) Terceira parte. Proba correspondente ás materias troncais de opción da modalidade elixida. A persoa aspirante que opte pola modalidade de Ciencias deberá escoller entre unha destas dúas opcións: Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía ou Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía. A persoa aspirante que opte pola modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais deberá realizar a proba correspondente ás materias Literatura Universal e Historia da Filosofía.

11. Normas de realización da proba.

1º. Entre as 8.15 e as 8.30 horas realizarase o chamamento para o acceso aos espazos de realización da proba. As persoas aspirantes identificaranse debidamente con DNI ou pasaporte antes de entrar neles.

2º. A sesión da mañá durará das 8.30 ás 14.30 horas e dedicarase á realización do exercicio correspondente ás materias de Lingua Galega e Literatura I e II e ás materias xerais do bloque de materias troncais. Organizarase en tres períodos:

Primeiro, das 8.30 ás 11.30 horas: realizaranse os exames correspondentes ás materias Lingua Galega e Literatura I e II e Lingua Castelá e Literatura I e II. Ao comezo deste período, o tribunal repartirá entre as persoas aspirantes os exames correspondentes a ambas linguas, para que estas dosifiquen o tempo dispoñible de acordo coas súas preferencias.

Segundo, das 12.00 ás 13.30 horas: realizarase o exame correspondente á Primeira Lingua Estranxeira I e II, que poderá ser inglés ou francés, e estruturarase en dúas partes. Ao comezo deste período, o tribunal repartirá entre as persoas aspirantes os exames correspondentes a ambas partes, que se distribuirán do seguinte modo:

a) Das 12.00 ás 12.30 horas terá lugar a parte da proba que avalía a comprensión oral, integrada por un exercicio ou exercicios de elección da resposta correcta entre varias opcións referidas aos contidos emitidos no audio ou audios propostos. O audio ou audios correspondentes ao exercicio ou exercicios propostos emitiranse tres veces.

b) Das 12.30 ás 13.30 horas terá lugar a parte que avalía a comprensión e a expresión escritas na lingua obxecto de exame, que pode ser francés ou inglés.

Terceiro, das 13.30 ás 14.30 horas: resposta por escrito a cuestións de Filosofía e Historia de España.

3º. A sesión da tarde dedicarase á realización do exercicio das materias propias de cada modalidade, de acordo coas especificacións do anexo V, e durará das 16.30 as 20.30 horas. Organizarase en tres períodos:

Primeiro, das 16.30 ás 18.00 horas: realizarase a parte ou exame correspondente ás materias troncais xerais propias da modalidade e itinerario seleccionados.

Segundo, das 18.00 ás 19.00 horas: realizarase a parte segunda das probas de modalidade, correspondente ás materias troncais de opción. As persoas aspirantes escollerán unha entre as tres opcións sinaladas para esa segunda parte na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais ou unha entre as tres opcións da modalidade de Ciencias.

Terceiro, das 19.30 ás 20.30 horas: realizarase a parte terceira do exercicio correspondente ás materias troncais de opción de modalidade. As persoas aspirantes realizarán a proba correspondente ás materias Literatura Universal e Historia da Filosofía na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais ou escollerán unha entre as dúas opcións sinaladas para a modalidade de Ciencias.

4º. As persoas aspirantes poderán utilizar os seguintes materiais na realización da proba:

a) Nas materias que implican operacións numéricas (exames con contidos de matemáticas, matemáticas aplicadas ás ciencias sociais, física e química, física, química e economía) poderán utilizar unha calculadora científica, agás as que sexan programables, gráficas ou con capacidade para almacenar e transmitir datos.

b) Nas materias de latín e grego, dicionario desas linguas.

c) Na materia de debuxo técnico, portaminas ou lapis, goma, regra milimetrada, escuadro, cartabón e compás.

As persoas aspirantes non poderán utilizar durante a realización da proba teléfono móbil nin calquera outro dispositivo de almacenamento ou transmisión de datos.

12. Publicación dos resultados e reclamacións.

1º. O día 7 de maio de 2019 o tribunal fará pública a lista provisional das persoas avaliadas coas cualificacións positivas, por exercicios, no taboleiro de anuncios do IES San Clemente de Santiago de Compostela. Así mesmo, esta lista será accesible no portal web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no enderezo http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1238.

2º. Contra a cualificación provisional poderase presentar, na secretaría do centro onde se celebrou a proba, reclamación por escrito dirixida á presidencia do tribunal nos tres días hábiles posteriores á publicación das cualificacións, explicando o motivo da reclamación.

3º. Transcorrido o prazo de reclamacións, elevarase a definitiva a lista de cualificacións, que será publicada o día 22 de maio de 2019 no taboleiro de anuncios do IES San Clemente de Santiago de Compostela e no portal web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no enderezo http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1238.

4º. Contra a lista definitiva de persoas avaliadas con cualificacións positivas na proba poderase interpoñer no prazo dun mes recurso de alzada ante a xefatura territorial correspondente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que esgotará a vía administrativa.

13. Certificación e expedición do título.

1º. A acta de avaliación recollerá os resultados de cada un dos exercicios e, se é o caso, a validación destes (anexo VI).

2º. O tribunal deixará tamén constancia das cualificacións obtidas polas persoas aspirantes nas diferentes partes do exercicio segundo, correspondente ás materias propias de cada modalidade (anexo VII), para os efectos da certificación mencionada no punto 4 deste punto.

3º. O tribunal utilizará os modelos que figuran nos anexos VIII e IX para expedir ás persoas aspirantes as certificacións de ter superado algún dos exercicios ou de ser propostos para a expedición do título de bacharel.

4º. As persoas que superen os dous exercicios ou as que tivesen validado o primeiro exercicio e superen o segundo poderán solicitar unha certificación das cualificacións obtidas en cada unha das partes do segundo exercicio, de materias de modalidade, para que poidan xuntala á documentación de solicitude de prazas en ensinanzas de ciclos de formación profesional de grao superior. O tribunal estenderá esa certificación segundo o modelo do anexo X.

5º. Concluído o proceso de avaliación, a presidencia do tribunal remitirá a ficha estatística do anexo XI ao correo electrónico educadultos@edu.xunta.es do Servizo de Xestión Económica e Educación de Persoas Adultas da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

6º. Concluído ese proceso de avaliación por parte do tribunal, as certificacións posteriores solicitadas polas persoas aspirantes serán asinadas polo director ou directora e polo secretario ou secretaria do centro onde se custodia a documentación das probas.

Disposición derradeira única

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2019

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Convocatoria de abril de 2019

Lista de persoas aspirantes admitidas

Inscrito/a para realizar

o exercicio

Validación do exercicio I coa cualificación seguinte

(2)

Validación do exercicio II coa cualificación seguinte na modalidade de

Exención de Lingua Galega

(3)

Apelidos e nome

I

(1)

II

(1)

Humanidades e Ciencias Sociais (2)

Ciencias

(2)

Artes

(2)

(1) Indicar cunha cruz [X] a proba ou probas nas que a persoa aspirante está inscrita.

(2) CUALIFICACIÓNS: nota numérica entre 5 e 10.

(3) Indicar SI, no caso de que se concedese unha exención solicitada, e NON, no caso contrario.

ANEXO II

(segunda parte)

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Convocatoria de abril de 2019

Lista de persoas aspirantes excluídas

Apelidos e nome

Razón da exclusión

ANEXO III

Validación de exercicios da proba por grupos de materias
superadas no bacharelato

Primeiro exercicio: Lingua Galega e Literatura I e II e materias troncais xerais

Materias xerais superadas no bacharelato

Validación na proba

Lingua Galega e Literatura I e II.

Lingua Castelá e Literatura I e II.

Primeira Lingua Estranxeira I e II.

Filosofía.

Historia de España.

Primeiro exercicio

Segundo exercicio: materias xerais propias e materias troncais de opción de cada modalidade.

(As persoas aspirantes que teñan superada unha materia doutra modalidade diferente á elixida deberán ter superadas dúas materias de 2º curso da modalidade elixida).

Humanidades e Ciencias Sociais

Ciencias

Materias superadas

Validación na proba

Materias superadas

Validación na proba

As materias xerais propias da modalidade e itinerario elixidos:

Segundo exercicio

As materias xerais propias da modalidade:

Segundo

exercicio

HUMANIDADES

CIENCIAS SOCIAIS

-Matemáticas I.

-Matemáticas II.

– Latín I e II.

-Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I e II.

E catro destas materias (dúas de primeiro curso e dúas de segundo curso.

*De segundo curso, obrigatoriamente, deberase ter superada a materia de Historia da Filosofía):

– Economía.

– Grego I.

– Historia do Mundo Contemporáneo.

– Literatura Universal.

– Economía da Empresa.

– Grego II.

– Xeografía.

– Historia da Arte.

– Historia da Filosofía.

E catro destas materias (dúas de primeiro curso e dúas de segundo curso):

– Bioloxía e Xeoloxía.

– Debuxo Técnico I.

– Física e Química.

– Bioloxía.

– Debuxo Técnico II.

– Química.

– Física.

– Xeoloxía.

*Agás aquel alumnado que nos cursos académicos 2016/17 e 2017/18, na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, superou dúas materias de opción do bloque de materias troncais.

ANEXO III

(segunda parte)

ARTES

Materias superadas

Validación na proba

As materias troncais xerais propias da modalidade:

– Fundamentos da Arte I.

– Fundamentos da Arte II.

Segundo exercicio

E catro destas materias (dúas do primeiro curso e dúas do segundo curso):

– Cultura Audiovisual I.

– Historia do Mundo Contemporáneo.

– Literatura Universal.

– Artes Escénicas.

– Cultura Audiovisual II.

– Deseño.

ANEXO III

(terceira parte)

Validación do bloque de materias comúns e de modalidade da proba libre de bacharelato para persoas maiores de 20 anos ata o ano 2016 por bloques de materias xerais e de modalidade superadas a partir do ano 2017

Materias superadas

Validación na proba

Bloque de materias comúns superadas na proba libre de bacharelato ata 2016

Primeiro exercicio

Bloque de materias de modalidade superadas na proba libre de bacharelato ata 2016

Segundo exercicio

ANEXO IV

Número de persoas aspirantes inscritas para realizaren a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos (convocatoria de abril de 2019)

Centro ______________________________________________________________ Provincia ________

1º EXERCICIO

Número de persoas aspirantes

1º EXERCICIO

Número de persoas aspirantes

Inglés

Francés

2º EXERCICIO

Número de persoas aspirantes

2º EXERCICIO

HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

Nº de persoas aspirantes

CIENCIAS

Nº de persoas aspirantes

Parte 1

Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais (I e II).

Parte 1

Matemáticas (I e II).

Parte 2

Física e Química e Física.

Latín (I e II).

Física e Química e Química.

Parte 2

Economía e Economía da Empresa.

Debuxo Técnico (I e II).

Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía.

Grego (I e II).

Parte 3

Literatura Universal e Historia da Filosofía.

Parte 3

Bioloxía e Xeoloxía

e Bioloxía.

Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía.

ANEXO V

Materias troncais xerais propias da modalidade e itinerario elixidos
e materias troncais de opción

CIENCIAS

Parte 1:

Matemáticas (I e II)

Parte 2: escoller unha destas tres opcións

Física e Química e Física

Física e Química e Química

Debuxo Técnico (I e II)

Parte 3: escoller unha destas dúas opcións

Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía

Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía

HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

Parte 1: escoller unha destas opcións

Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais (I e II)

Latín (I e II)

Parte 2: escoller unha destas tres opcións

Economía e Economía da Empresa

Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía

Grego (I e II)

Parte 3: escoller esta única opción

Literatura Universal e Historia da Filosofía

ANEXO VI

Modelo de acta de avaliación

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Convocatoria: abril 2019 Folla número_____

Centro onde se realizaron as probas:

Localidade:

Datos estatísticos

1. Número de persoas aspirantes

2. Número de persoas aspirantes propostas para título

Número de orde

Apelidos e nome

Modalidade

[1]

Idioma

[2]

Cualificación

1º exercicio (Lingua Galega e Literatura I e II e materias troncais xerais [3]

Validación 1º exercicio (materias comúns) [3]

Cualificación 2º exercicio (materias xerais propias de cada modalidade e materias troncais de opción) [3]

Validación 2º exercicio (materias de modalidade)

[3]

Nota final [4]

Titula [5]

1) Escribir: HCSH (Humanidades e Ciencias Sociais): Humanidades); HCSCS (Humanidades e Ciencias Sociais: Ciencias Sociais); CC (Ciencias); ART (Artes)

2) Escribir: I (Inglés); F (Francés).

3) CUALIFICACIÓNS: nota numérica entre 5 e 10, non superado (NS), non presentado (NP).

4) NOTA FINAL: media aritmética dos exercicios, expresada con dous decimais.

5) TITULA: escribir SI ou NON.

A presente acta comprende................... persoas aspirantes e acaba con............................................................................................................................

............................................................, .......... de ............................................................... de 2019

Visto e prace O/a presidente/a Vogais O/a secretario/a do tribunal

ANEXO VII

Modelo de lista de cualificacións de materias troncais xerais propias da modalidade
e itinerario elixidos e materias troncais de opción

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Convocatoria: abril 2019 Hoja___ Número_____

Centro onde se realizaron as probas:

Localidade:

Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais

Modalidade de Ciencias

Número de

orde

Apelidos e nome

Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais (I e II)

Latín (I e II)

Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía

Economía e Economía da Empresa

Grego I e II

Literatura Universal e Historia da Filosofía

Matemáticas I e II

Física e Química e Física

Física e Química e Química

Debuxo Técnico I e II

Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía

Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía

(*) CUALIFICACIÓNS: nota numérica entre 0 e 10, sen decimais; non presentado (NP).

............................................................, .......... de ............................................................... de 2019

Visto e prace O/a presidente/a Vogais O/a secretario/a do tribunal

ANEXO VIII

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

– Orde do 10 de febreiro de 2012 modificada pola Orde do 22 de decembro de 2016.

– Resolución do 10 de xaneiro de 2019.

CERTIFICADO

Don/Dona______________________________________________________,

Secretario/a do tribunal da proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos na convocatoria de abril de 2019, celebrada no centro ___________________________________________ (consígnese centro e localidade)

CERTIFICA: que Don/Dona

_____________________________________________________________________,

con DNI ___________________, ten superado (1)_____________________________

da proba coa cualificación que se expresa (2)__________.

(1) Indíquese «o primeiro exercicio: Lingua Galega e Literatura I e II e materias troncais xerais» ou «o segundo exercicio: materias xerais propias de cada modalidade e itinerario e materias troncais de opción».

(2) Indíquese a cualificación correspondente.

______________________, ____ de _______________ de 2019

Visto e prace O presidente/a presidenta O secretario/a secretaria

ANEXO IX

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

– Orde do 10 de febreiro de 2012 modificada pola Orde do 22 de decembro de 2016.

– Resolución do 10 de xaneiro de 2019.

CERTIFICADO

Don/Dona______________________________________________________,

Secretario/a do tribunal da proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos na convocatoria de abril de 2019, celebrada no centro

___________________________________________ (consígnese centro e localidade)

CERTIFICA: que Don/Dona

_________________________________________________________________, con DNI ___________________, ten superado os dous exercicios que integran a proba na modalidade de (1) _________________ coa cualificación que se expresa_____________ e que, unha vez abonadas as taxas correspondentes, será proposto/a para a expedición do título de bacharel.

(1) Indíquese a modalidade e itinerario.

______________________, ____ de _______________ de 2019

Visto e prace O presidente/a presidenta O secretario/a secretaria

ANEXO X

Don/Dona______________________________________________________,

Secretario/a do tribunal da proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos na convocatoria de abril de 2019, celebrada no centro _____________________________

(consígnese centro e localidade)

CERTIFICA: que Don/Dona __________________________________________, con DNI ___________________, obtivo as seguintes cualificacións no segundo exercicio, das materias troncais xerais propias da modalidade e itinerario e materias troncais de opción:

MODALIDADE DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

CUALIFICACIÓN*

MODALIDADE DE CIENCIAS

CUALIFICACIÓN*

Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais (I e II).

Matemáticas (I e II).

Latín (I e II).

Economía e Economía da Empresa.

Física e Química e Física.

Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía.

Física e Química e Química.

Grego (I e II).

Debuxo Técnico (I e II).

Literatura Universal e Historia da Filosofía.

Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía.

Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía.

(*) CUALIFICACIÓNS: nota numérica entre 4 e 10, sen decimais.

______________________, ____ de _______________ de 2019

Visto e prace O presidente/a presidenta O secretario/a secretaria

ANEXO XI

Estatística xeral

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Centro: Localidade: Provincia:

Data de realización da proba: 26 de abril de 2019.

Número total de persoas aspirantes inscritas ........

Número total de persoas aspirantes presentadas ...........

Número total de persoas aspirantes cun exercicio superado ..................

Número total de persoas aspirantes propostas para título......................

1. NÚMERO TOTAL DE PERSOAS ASPIRANTES PRESENTADAS, SEGUNDO IDADE E SEXO.

Ata 25

26-35

36-45

46-55

56-65

Máis de 65

Homes

Mulleres

Total

2. PERSOAS CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS, SEGUNDO IDADE E SEXO.

Ata 25

26-35

36-45

46-55

56-65

Máis de 65

Homes

Mulleres

Total

3. NÚMERO TOTAL DE PERSOAS ASPIRANTES PRESENTADAS QUE SE PROPOÑEN PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL.

Ata 25

26-35

36-45

46-55

56-65

Máis de 65

Homes

Mulleres

Total

(Selo do centro)