Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2019 Páx. 5929

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EDICTO do 11 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente de reclamación eléctrica IN635A 2018/62-3.

Ao ser devolta polo servizo de Correos a carta certificada enviada no seu día, notifícaselle ao interesado, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución do expediente de reclamación eléctrica que a seguir se relaciona no anexo.

O interesado dispón dun prazo de quince (15) días, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para presentar ante a xefatura territorial as alegacións que considere pertinentes.

O expediente relacionado está á disposición do interesado na citada Xefatura Territorial de Ourense, na rúa Curros Enríquez, 1-4º.

Ourense, 11 de xaneiro de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Núm. de expediente

Interesado

NIF

IN635A 2018/62-3

Carlos Eduardo Acuña

****0208