Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2019 Páx. 5941

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se acorda a remisión do expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo P.O. número 02/4357/2018 interposto por Gabriel Rodríguez Sagarra contra a Resolución do 2 de xullo de 2018 pola que se convoca o concurso público para a adxudicación de novas oficina de farmacia.

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade recibiu da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, un oficio polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. núm. 02/4357/2018 interposto por Gabriel Rodríguez Sagarra contra a Resolución do 2 de xullo de 2018 pola que se convoca o concurso público para a adxudicación de novas oficina de farmacia.

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se lles empraza para que poidan comparecer como parte nos autos na Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza no prazo de 9 (nove) días, contado desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2019

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade