Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2019 Páx. 5608

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 11 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento competencia desta xefatura territorial relativo ao expediente 15/0008/2017.

En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación da resolución ditada pola xefa territorial no último domicilio do interesado, sen que esta se puidese efectuar, notifícaselle á persoa citada no anexo para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, poida comparecer persoalmente ou debidamente representada na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento do contido integro da dita resolución, advertíndolle que, de non facerse así, se terá por notificada.

Advírteselle que contra a dita resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer un recurso de alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación, perante a conselleira de Política Social (Edificio Administrativo San Caetano en Santiago de Compostela), directamente ou a través desta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 11 de decembro de 2018

María Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

DNI/NIE

Código de procedemento

Resolución

Data da resolución

32672105F

15/0008/2017

Rehabilitación

31.10.2018