De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sita na avenida da Habana, nº 79, 5ª planta, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 9 de xaneiro de 2019
Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Expediente |
Interesado |
Acto de notificación |
Acto adoptado |
PES-OU-41/2018-V |
44453725S |
Proposta de resolución de procedemento sancionador |
Pola instrutora |
ANP-OU-35/2018-V |
36169737Y |
Proposta de resolución de procedemento sancionador |
Pola instrutora |
ANI-OU-63/2018-V |
34551726E |
Proposta de resolución de procedemento sancionador |
Pola instrutora |
ANI-OU-65/2018-V |
34973850G |
Proposta de resolución de procedemento sancionador |
Pola instrutora |
ANI-OU-69/2018-V |
34992545T |
Proposta de resolución de procedemento sancionador |
Pola instrutora |