De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto obxecto de notificación foi adoptado pola secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE na sede da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, das 9.00 as 14.00 horas, de luns a venres. A citada Secretaría Xeral Técnica ten a súa sede na rúa San Lázaro, s/n, do termo municipal de Santiago de Compostela.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida, contado desde o día seguinte á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2019
Mª Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
ANEXO
Expediente: CAZ-OU-43/2015-V.
Interesado: Luis Otero Rodríguez.
Acto notificado: resolución de recurso.