Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2019 Páx. 5384

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 7 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas en procedementos tramitados por esta entidade (expediente 2004/70/27 e dous máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que a continuación se relacionan as resolucións ditadas pola xefa territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuar as ditas notificacións por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio dos interesados.

Os expedientes están á disposición das persoas interesadas, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, na rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñeceren o contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non o faceren, se terán por notificadas.

As persoas interesadas ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán interpor recurso de alzada contra as resolucións ditadas nos expedientes, que non poñen fin á vía administrativa, ante a persoa titular da Consellería Política Social, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da data da súa notificación, de conformidade co establecido nos artigos 112 e 121 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 7 de xaneiro de 2019

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

DNI

Núm. de expte.

Efectos xurídicos

Data da resolución

33853057R

2004/70/27

Desistencia da solicitude e acordo de arquivamento

7.8.2018

33861336T

2006/19/27

Denegación da solicitude

13.2.2017

32783573V 34261959D

2010/35/27

Denegación da solicitude

10.2.2017