Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2019 Páx. 5006

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 9 de xaneiro de 2019 pola que se notifica o prazo de alegacións en acceso a información pública (actuacións previas 107A 2003/343-4), devolta polo servizo de Correos por resultar os destinatarios ausentes na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o prazo de alegacións concedido a Martín John Noyle e Margaret Jane Pike (actuacións previas 107A 2003/343-4), en acceso a información pública sobre a inexistencia de expediente de infracción urbanística polas obras situadas no predio con referencia catastral 36054A024009390000EQ.

As actuacións relacionadas están á disposición dos interesados nas dependencias do Servizo Provincial de Pontevedra da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas na rúa Alcalde Hevia, núm. 7, 5º andar, na cidade de Pontevedra, onde poderán comparecer para o coñecemento do contido íntegro do acto e constancia de tal coñecemento no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para formular as alegacións que xulguen pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación aos citados interesados, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística