Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2019 Páx. 4869

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

EXTRACTO da Orde do 15 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2019, co obxecto de coñecer a lingua dese país.

BDNS (Identif.): 435923.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

O alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia.

Segundo. Obxecto

Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, cento corenta e dúas (142) axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2019, co obxecto de coñecer a lingua dese país.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Orzamento e contía das bolsas

O importe global previsto na orde é de 142.000 euros.

A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será dun máximo de 1.000 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 14 de marzo de 2019.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2018

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional