Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2019 Páx. 4996

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se notifica a apertura do trámite de audiencia con motivo da interposición do recurso de alzada RAI-LU-192/14.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia, Notifica.gal, notifícase a Caran Joyeros, S.L. a apertura do trámite de audiencia con motivo da interposición do recurso de alzada RAI-LU-192/14 contra a Resolución do 29 de setembro de 2014 da Xefatura Territorial de Lugo da anterior Consellería de Economía e Industria ditada no procedemento IN635A 2014/184-2; IN635A 2014/306-2.

A interesada poderá recoller a notificación mediante comparecencia nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico I da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ou a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia, Notifica.gal (https//notifica.xunta.gal).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2019

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria