Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2019 Páx. 4705

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría no terceiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG número 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación de convenios que se incorporan como anexo I a esta resolución.

Así mesmo, remítense no anexo II dous convenios que quedaron pendentes de publicación no segundo cuadrimestre.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2019

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2018

Data sinatura

Descrición

Importe total

3.9.2018

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Melide (A Coruña) para arranxos no campo de fútbol

40.000,00 €

3.9.2018

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Vila de Cruces (Pontevedra) para melloras no campo de fútbol O Camballón. Acondicionamento de vestiarios

14.000,00 €

11.9.2018

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Ribeira (A Coruña) para a realización de melloras no complexo deportivo A Fieiteira

39.930,41 €

4.10.2018

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Sarria (Lugo) para a adquisición dun marcador electrónico deportivo para o campo municipal da Ribela

3.999,57 €

10.10.2018

Convenio de cooperación entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Oia (Pontevedra) para a mellora no pavimento do CEIP Mestre Manuel García

27.483,13 €

23.10.2018

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Atletismo para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para o ano 2018

10.000,00 €

23.10.2018

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Ciclismo para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para o ano 2018

60.000,00 €

23.10.2018

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Surf para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para o ano 2018

810,00 €

25.10.2018

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Viveiro (Lugo) para realizar arranxos no campo de fútbol

40.000,00 €

ANEXO II

Convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte
do segundo cuadrimestre pendentes de publicación

Data sinatura

Descrición

Importe total

15.5.2018

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte, e a Federación Galega de Piragüismo para levar a cabo as actividades de mantemento, conservación e funcionamento do Complexo Náutico e Campo de Regatas David Cal, en Verducido, Pontillón do Castro (Pontevedra)

105.000,00 €

5.7.2018

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Asociación Liga Noroeste con motivo da organización da Liga galega de traiñeiras masculina e feminina da tempada 2018

90.000,00 €