Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2019 Páx. 4973

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 7 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia para os efectos do coñecemento da Resolución do 13 de decembro de 2018.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación obxecto deste anuncio ao DNI 32764041N, na forma prevista nos artigos 41 e 42 do citado texto legal, procédese a publicar indicación do dito acto administrativo, por entender que a súa publicación íntegra podería lesionar dereitos e intereses lexítimos.

O interesado que se cita, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer para o coñecemento íntegro da dita resolución, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Xustiza da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na rúa Madrid, 2-4, 2º, As Fontiñas, Santiago de Compostela. A comparecencia efectuarase en horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres.

A notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da comparecencia ou, transcorrido o dito prazo sen efectuarse esta, desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra a resolución que se notifica, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación, ou ben recurso potestativo de reposición ante este mesmo centro directivo no prazo dun mes.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación ao interesado en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2019

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Acto de notificación: resolución da Dirección Xeral de Xustiza.

Data da resolución: 13 de decembro de 2018.

Interesado: DNI 32764041N.