Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2019 Páx. 4633

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Veiga

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para reaxuste de aliñación e trazado viario na UE-2, na rúa Chao de Curra.

En cumprimento do Acordo plenario do 28 de decembro de 2018 polo que se aproba inicialmente o estudo de detalle redactado por Jorge Blanco Rodríguez co obxecto de reaxustar aliñación e trazado viario na UE-2, da rúa Chao de Curra na Veiga consonte o disposto no artigo 80 la Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes.

Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello: https://aveiga.sedelectronica.gal

A aprobación inicial do estudo de detalle comporta a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

A Veiga, 2 de xaneiro de 2019

Juan Anta Rodríguez
Alcalde