Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2019 Páx. 4600

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos formativos para impartir ensinanzas especializadas na obtención de titulacións profesionais náutico-pesqueiras e certificados de especialidade (expediente 4/2018). Procedemento cofinanciado pola Unión Europea, Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) nun 75 %.

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizos formativos para impartir ensinanzas especializadas na obtención de titulacións profesionais náutico-pesqueiras e certificados de especialidade (expediente 4/2018).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=235453

d) Diario oficial e data de publicación dos anuncios de licitación: DOUE do 19 de decembro de 2017, BOE do 23 de decembro de 2017 e DOG do 4 de xaneiro de 2018.

e) División por lotes e número: 2 lotes.

– Lote 1: cursos de formación destinados a pescadores profesionais ou ben a cónxuxes ou parellas de feito, recoñecidas conforme a normativa vixente, dos pescadores autónomos.

– Lote 2: cursos de formación dirixidos a todo tipo de persoas.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Lote 1: 797.300 (exento de IVE). Lote 2: 736.000 (exento de IVE). Total: 1.533.300 euros, exento de IVE.

– Valor estimado: é igual ao orzamento de licitación.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

Lote 1:

a) Data da resolución de adxudicación: 25.10.2018.

b) Adxudicataria: UTE Centro de Estudios de Formación Alfer, S.L. e Centro de Formación ICA, S.L., con NIF U94176419.

c) Importe: 797.300 euros (importe exento de IVE).

d) Data de formalización do contrato: 13.12.2018.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: o único criterio foi o prezo.

Lote 2:

a) Data da resolución de adxudicación: 25.10.2018.

b) Adxudicataria: Centro de Estudios de Formación Alfer, S.L., con NIF B36214542.

c) Importe: 736.000 euros (importe exento de IVE).

d) Data de formalización do contrato: 13.12.2018.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: o único criterio foi o prezo.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2018

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar