Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2019 Páx. 4604

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 4 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0162/2018-PPM e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0162/2018-PPM e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

A Coruña, 4 de xaneiro de 2019

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-0162/2018-PPM

52451461F

Resolución

Espiñeira, 77, Boiro

PSC-CO-0976/2018-PPM

32766519Y

Resolución

Simón Bolívar, 15, 7º K, A Coruña

PSC-CO-0993/2018-PPM

32801638G

Resolución

Forcarei, 45, 3º D, A Coruña

PSC-CO-0994/2018-PPM

32423835E

Resolución

Esteban Lareo Castro, 7, 9º C, A Coruña

PSC-CO-1000/2018-PPM

53796121H

Resolución

Novoa, 5, 3º E, A Pobra do Caramiñal

PSC-CO-1010/2018-ORS

76778717W

Resolución

Avenida do Rocío, 31, Outes