De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia da resolución de adxudicación de vivenda de promoción pública (Decreto 253/2007, do 13 de decembro).
A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberase efectuar na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 20 de decembro de 2018
Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense
ANEXO
Acto obxecto de notificación: resolución de adxudicación de vivenda
de promoción pública (Decreto 253/2007, do 13 de decembro)
Expediente |
DNI/NIE/NIF |
OU2006010:17 |
44468194V |