BDNS (Identif:): 435452.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index)
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, os pescadores enrolados en buques pesqueiros ou, segundo o caso, con titulación que permita desenvolver a actividade pesqueira.
Segundo. Finalidade
As axudas terán como finalidade a primeira adquisición dun buque de pesca.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para tripulantes de buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convoca para o ano 2019 o dito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto.
Cuarto. Importe
Para o ano 2019 as axudas concederanse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias, que figuran dotadas no orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2019, sendo o importe total máximo das subvencións que se concedan no dito exercicio orzamentario o seguinte.
Aplicación orzamentaria: 15.02.723A.780.0. Importe: 400.000,00 €, para adquisición dun buque de pesca.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.
Entenderase como último día do prazo para a presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2018
Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar