Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2019 Páx. 4319

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 418/2017).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 418/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Belén del Oro Cores contra Luis Miguélez Vázquez, Hermanos Miguélez, C.B. e María del Rocío Mollinedo Casas, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza de 18 de decembro de 2018, recorrible en suplicación no prazo de cinco días, a cal se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Luis Miguélez Vázquez, Hermanos Miguélez, C.B. e María del Rocío Mollinedo Casas, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 27 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza